ANALISIS Y DISENO DE EXPERIMENTOS

visión de conjunto:
Reseña del editor A paisaxe é un produto das formas de ser de estar de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser estar pensar e actuar mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana e non só diso que chamamos a Natureza. Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia dende a prehistoria até a época medieval. O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para logo ir na procura dos seus elementos típicos xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas. A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial. Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal Xurxo Ayán Vila David Barreiro Paula Ballesteros-Arias Manuela Costa-Casais Pastor Fábrega-Álvarez João Fonte Camila Gianotti A. César González-García Alejandro Güimil Fariña Elena Lima Olivera Raquel López Noia Patricia Mañana-Borrazás Antonio Martínez-Cortizas Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez Contraportada A paisaxe é un produto das formas de ser de estar de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser estar pensar e actuar mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana e non só diso que chamamos a Natureza.Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia dende a prehistoria até a época medieval.O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para logo ir na procura dos seus elementos típicos xa presentes ou ausentes nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal Xurxo Ayán Vila David Barreiro Paula Ballesteros-Arias Manuela Costa-Casais Pastor Fábrega-Álvarez João Fonte Camila Gianotti A. César González-García Alejandro Güimil Fariña Elena Lima Olivera Raquel López Noia Patricia Mañana-Borrazás Antonio Martínez-Cortizas Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez Biografía del autor FELIPE CRIADO-BOADO (Santiago de Compostela) é arqueólogo especialista no estudo arqueolóxico das paisaxes monumentais e na relación entre a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Traballou sobre todo no estudo do fenómeno tumular en diferentes partes do mundo e mais na teoría arqueolóxica. É investigador do CSIC director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) e na actualidade presidente da European Association of Archaeologists (2015-2018).CÉSAR PARCERO-OUBIÑA (Santiago de Compostela) é arqueólogo especialista no estudo dos momentos finais da prehistoria e na aplicación de tecnoloxías dixitais en arqueoloxía. Investigou especialmente sobre o mundo castrexo en Galicia e máis recentemente sobre o período preincaico nos Andes. É investigador do CSIC e membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).CARLOS OTERO (Ferrol) é arqueólogo e desenvolve o seu traballo especialmente na recuperación patrimonial de sitios arqueolóxicos dende unha perspectiva fortemente social en relación coas comunidades locais implicadas. Nese marco dirixiu varios proxectos en Galicia e máis concretamente en castros. É investigador colaborador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).ELENA CABREJAS (Caldas de Reis) é arqueóloga e traballou na xestión de impacto arqueolóxico en obras públicas e na transferencia á sociedade da investigación sobre o patrimonio cultural. Dirixiu e participou en abondosos proxectos de prospección en diferentes partes de Galicia. É investigadora colaboradora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).ANXO RODRÍGUEZ PAZ (Moaña) é debuxante e leva máis de 25 anos traballando en debuxo e deseño gráfico para arqueoloxía faceta que abrangue dende obxectos a sitios e paisaxes. É técnico no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).